Pica asirensis
Pica asirensis | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
En perigo[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Pica asirensis Bates, 1936 |
Pica asirensis é unha especie de ave paseriforme da familia dos córvidos, unha das sete comprendidas no xénero Pica, endémica de Arabia Saudita.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrira en 1936 polo naturalista e zoólogo estadounidense George Latimer Bates.[2] (e segue a ser condiderada así por moitas autoridades).[3]
Sinónimo
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, tamén coñeceise polo sinónimo:[2]
- Pica pica asirensis Bates, 1936
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O epíteto específico, asirensis, alude á súa área de distribución, a provincia de Asir, da Arabia Saudita.
Nota taxonómica
[editar | editar a fonte]Anteriormente se clasificaba como unha subespecie de Pica pica, a pega común.[3]
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Pica asirensis encóntrase unicamente nas montañas do suroeste de Arabia Saudita, na provincia de Asir e as súas proximidades. Ocupa só os bosques nos vales e uadis ben arborados. Vive principalmente por riba dos 2 150 m de atitude en mestos bosques de xenebreiros sombríos de Juniperus procera ou en densos bosques mixtos. Habitualmente vive en ladeiras orientadas cara ao sur, e evita vivir en ladeiras maiores de 30 graos ou preto dos sitios ocupados por humanos. Ás veces tamén se observa buscando comida nas beiras das estradas ou vivindo a 1 800 m de altitude ou máis.[4]
Só quedan unhas 135 parellas (270 individuos adultos) en estado salvaxe, e a súa poboación está en declive. Está en grave perigo de extinción pola destrución do seu hábitat forestal nativo. O desenvolvemento do turismo e o cambio climático tamén son posíbis ameazas.[1]
Cracterísticas
[editar | editar a fonte]Pica asirensis mide uns 45-60 cm de longo, e o seu peso aproximado é de 240 g. A súa cabeza, o pescozo, as costas, o peito e os pés son negros. Os seus ombreiros e o ventre son brancos. A súa cola é negra, con brillo metálico de cor verde bronce.[5] En comparación con Pica pica, ten un bico máis longo, unha plumaxe máis escura e un iris máis escuro. A súa vocalización é distinta, e fai chamadas máis agudas.[6] Non hai gran diferenza entre machos e femias, pero a plumaxe do inmaturos é máis pagada cá dos adultos.[7]
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Comportamento
[editar | editar a fonte]Durante a época de reprodución, os espécimes de Pica asirensis adoitan agruparse en parellas e viven en bandadas. Cada un dos grupos contén aproximadamente 8 aves. Porén, viaxan en pequenos grupos de 3-5 individuos para reealizaren as actividades diarias. Para protexerse dos depredadores como os falcóns e os mouchos, constrúen os seus niños en bosques e vales cubertos con abundante vexetación.[8]
En vez de voaren, Pica asirensis prefire camiñar e saltar. Dado que o seu tamaño é pequeno e as súas ás curtas, voan con ritmos rápidos de ás e raramente planean.[7]
Alimentación
[editar | editar a fonte]Pica asirensis é unha especie omnívora. A súa dieta varía segundo os cambios de estacións e de ambientes. En verán consome principalmente alimentos de orixe animal como invertebrados, lagartos e ras. Durante as outras tres estacións, depende das sementes e doutros produtos das plantas.[7]
Filoxenia
[editar | editar a fonte]Nun estudo de filoxenia molecular publicado en 2018 descubriuse que a até daquela chamada pega euroasiática (Pica pica) coprendía varias especies diferentes, incluíndo Pica mauritanica, Pica asirensis e Pica serica.[9]
Ameazas
[editar | editar a fonte]Os bosques de xenebeiros nos que habita esta especie non se están rexenerando, e están a ser talados para obter madeira para combustible.[10] A zona tamén está sendo moi perturbada polas actividades turísticas e o cambio climático está a propiciar un tempo máis cálido e seco.[10][11]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), considerando que esta especie ten unha poboación moi pequena e con todos os individuos nunha única subpoboación que se pensa que está en declive. Por estes motivos a especie avalíase como EN (en perigo de extinción).[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 BirdLife International (2017): Pica asirensis na Lista vermella da UICN. Versión 2021-3. Consultada o 13 de febreiro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 Pica asirensis Bates, 1936 no BioLib, inicialmente como unha subespecie de Pica pica,
- ↑ 3,0 3,1 Madge, S.; Kirwan, G. M. (2018). del Hoyo, J.; Elliott, A.; Sargatal, J.; Christie, D.A.; de Juana, E., eds. "Asir Magpie (Pica asirensis)". Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona: Lynx Edicions. Consultado o 13 de febreiro de 2022.
- ↑ Boland, Christopher R. J. & Burwell, Bruce O. (2020): "Habitat modelling reveals extreme habitat fragmentation in the endangered and declining Asir Magpie, Pica asirensis, Saudi Arabia's only endemic bird (Aves: Passeriformes)". Zoology in the Middle East. 66 (4): 283–294.
- ↑ "Asir Magpie" en movementoflife.si.edu. Consultado o 13 de febreiro de 2022.
- ↑ Urraca árabe. Pica asirensis en ebird.org. Consultado o 13 de febreiro de 2022.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Asir Magpie en BirdForum Opus.
- ↑ "Magpie Bird Facts"|Pica Pica". AZ Animals.
- ↑ Song, G. et al. (2018): "Complete taxon sampling of the avian genus Pica (magpies) reveals ancient relictual populations and synchronous Late-Pleistocene demographic expansion across the Northern Hemisphere". Journal of Avian Biology 2018: e01612 Resume.
- ↑ 10,0 10,1 Symes, A.; Taylor, J.; Mallon, D.; Porter, R.; Simms, C. & Budd, K. (2015): The Conservation Status and Distribution of the Breeding Birds of the Arabian Peninsula. Cambridge, UK and Gland, Suíza: IUCN, and Sharjah, UAE: Environment and Protected Areas Authority.
- ↑ Babbington, J. (2016): "Update on the status and occurrence of Arabian Magpie Pica pica asirensis in Saudi Arabia". Sandgrouse 38 (2): 146-151.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pica asirensis |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Babbington, J. (2016): "Update on the status and occurrence of Arabian Magpie Pica pica asirensis in Saudi Arabia. Sandgrouse 38 (2): 146-151.
- Cramp, S. & Simmons, K. E. L., eds. (1977-1994): Handbook of the birds of Europe, the Middle East and Africa. The birds of the western Palearctic. Oxford: Oxford University Press. ISBN 978-0-1985-7358-6.
- del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A., Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Barcelona / Cambridge, UK: Lynx Edicions / BirdLife International. ISBN 978-84-9655-398-9.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Pica mauritanica en xeno-canto.org.